lunes, 15 de abril de 2024

AS BOLSAS DOS TRABALLOS

    Estes días decoramos as nosas bolsas dos traballos con pintura de tea. Quedaron así de bonitas:








domingo, 31 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA

    O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No cole os nen@s de Infantil e de Primaria visitamos a biblioteca para "liberar "cada un de nós un  poema da gaiola. Gústanos moito a poesía por eso disfrutamos desta actividade tan bonita.



viernes, 15 de marzo de 2024

VISITA A LUGO

    Coma sempre cando imos de excursión escollemos as parellas do autobús:

   

   Hoxe viaxamos ata Lugo para visitar o  Museo Provincial. Nada máis chegar subimos á Muralla para ver os dous murais de arte urbana.

   A "Castrexa" do artista Manuel Pallín, pintada nunha fachada de 20 metros, representa unha guerreira con roupa, xoias e armas típicas dos pobos prerromanos:



   "Xulio César" do artista Diego As foi elexido mellor mural urbano do mundo do ano 2021. Esta obra de 20 metros en diferentes tonalidades de gris está dedicado a este importante emperador romano:



      Despois do paseo pola Muralla fomos camiñando ata o Museo onde nos esperaba o noso guía:





      Simón levounos á sala dedicada a Maruja Mallo onde puidemos ver algún dos seus cadros máis importantes:







    Tamén visitamos a sala de Julia Minguillón, outra importante pintora lucense que foi a primeira muller en gañar unha medalla na Exposicion Nacional de Belas Artes coa obra "Escola de Doloriñas"








      Simón contounos que o noso amigo Max visitou o Museo fai uns días e que quedou abraiado cos fermosos cadros de Xulia e de Maruja.

   No Museo tamén puidemos ver a "sala do ouro" onde está o Torques de Burela ( colar de ouro usado polos pobos celtas como adorno ) e moitas outras xoias que serviron de inspiración para o mural da castrexa.





   Por último vimos uns mosaicos romanos que son obras de arte feitas con pequenas pezas de pedra chamadas teselas e que se servían para decorar suelos ou paredes:








   


   
   Despois desta interesante visita merendamos e disfrutamos dun tempo de lecer no parque de Campo Castelo. Un día que disfrutamos cos nos@s compañeir@s da clase de 6º A de Infantil.




viernes, 8 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

    O 8 de marzo celebramos no cole o Día Internacional da Muller, unha data moi importante que reivindica os dereitos de todas as mulleres.

    Cada clase elexiu a unha muller relevante do país que está a traballar nas aulas. Nós eleximos a SOPHIA  JEX  BLAKE a lider das "SETE DE EDIMBURGO " as 7 primeiras mulleres que se matricularon na universidade británica fai 150 anos.

    Sophia foi  a primeira médica de Escocia e unha das primeiras do Reino Unido ademais de profesora e defensora dos dereitos das mulleres.


   Entre tod@s fixemos a súa silueta e preparamos este mural para conmemorar este día tan especial.







   " POR UN MUNDO DONDE SEAMOS SOCIALMENTE IGUALES,

        HUMANAMENTE DIFERENTES Y TOTALMENTE LIBRES "

   ROSA LUXEMBURGO





lunes, 26 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA

    O venres 23 celebramos o día de Rosalía de Castro. Para homenaxear a esta importante escritora galega no cole fixemos un programa de radio que se pode escoitar no blogue da biblioteca, na páxina web do centro. Na clase recitamos "Alborada" que é unha das nosas poesías favoritas.



sábado, 17 de febrero de 2024

UNICORNIO DE SAN VALENTÍN

    Para celebrar o día do amor e da amizade fixemos uns unicornios de corazón para regalar a quen queremos moito: papá, mamá, irmáns,  avós, amig@s... Ademais o unicornio é o animal nacional de Escocia. Quedaron así de bonitos: